Senior 3ra

CB Noia O Churrasco do Floro 75-61 CB VistaAlegre

Tanteo por cuartos: 17-22/13-18/17-10/28-11

Segunda victoria para o noso Senior masculino de 3ª División no seu estreo esta temporada fronte a súa afección no Alonso Rodríguez na tarde do domingo fronte al CB VistaAlegre.
O equipo noiés sobrepúxose ante unha mala primeira parte ao equipo santiagués que perdeu o seu acerto no tiro exterior na intensidade e o ritmo propostos polos locais na segunda metade.
O partido comezaba cos visitantes adiantándose no marcador cun gran acerto dende a liña de tres puntos, así como de varios tiros de media distancia. A resposta non se fixo esperar por parte do conxunto noiés, en concreto de Furelos que anotou os primeiros 9 puntos para os locais.
Durante este cuarto e o segundo os visitantes seguiron amosando un contundente acerto no tiro exterior, ampliando diferentes contra un equipo local desorganizado por momentos e con falta de intensidade, chegando al descanso cun marcador de 30-40 para o conxunto da capital.
Á saída do descanso os noieses desprendéronse das dúbidas e as malas sensacións da primeira parte, aumentando a intensidade defensiva sobre os visitantes que se viron asolagados fronte ao ritmo imposto polos nosos.
Chegouse a un último cuarto de infarto cunha diferenza de 3 puntos para os santiagueses, 47-50, pero era so unha ilusión posto que o ambiente indicaba que os locais no dixeran a súa derradeira palabra. E así foi, 28 puntos anotou o equipo noiés fronte aos escasos 10 dos visitantes (21 puntos na segunda metade), ca maquinaria prendida e o traballo en defensa seguido de rápidas transicións, culminaron cunha remontada na que se acadou unha diferenza final de 14 puntos para o conxunto noiés.
Partido dos que se recorda ao final dunha tempada e que sinalan o camiño para acadar os obxectivos marcados: traballo, intensidade e ser un equipo, dentro e fóra da pista.
Imos por máis, avisados quedades.
Xogaron e anotaron:
Furelos–> 27 puntos
Xandre–> 10 puntos
Mateo–> 9 puntos
Sergio–> 8 puntos
Adrian–> 8 puntos
Martín Ogando–> 7 puntos
Kike–> 4 puntos
Martín–> 2 puntos
Unai
Jorge
Hugo
Pinto

Leave a Reply