Junior Masculino

ADB Fontiñas Restaurante Las Vegas 49-40 CB Noia Autos Patiño

Tanteo por cuartos: 9-16/10-7/16-10/14-7

Terceira xornada para o noso Junior masculino que remata ca terceira derrota consecutiva dos noieses fronte ao ADB Fontiñas – Restaurante Las Vegas.
O partido que tivo lugar na mañán do domingo no polideportivo de Fontiñas en Santiago chegaba como unha nova oportunidade para os visitantes de recuperar as sensacións perdidas nas xornadas previas, en fronte un equipo local que chegaba cas mesmas derrotas e buscando unha alegría en forma de primeira vitoria.
En liñas xerais o partido foi igualado cunha primeira metade na que os visitantes tiveron mellor acerto, acadando unha vantaxe de 4 puntos ao descanso, 19-23.
No terceiro cuarto chegaron as dúbidas ao cadro noiés con ataques mal organizados rematando en situacións con moito bote e 1c3 nas que se facían malos tiros coas consecuentes perdas de posesión, mentres que en defensa a intensidade non era a necesaria para frear ao equipo santiagués.
O último cuarto comezou cunha diferencia de 2 puntos para os locais, 35-33, e a nivel de xogo foi unha copia do cuarto anterior: os locais aproveitando os erros dos nosos e os visitantes pecando de individualidades e pouco nivel en defensa. Así chegouse ao resultado final, 49-40, dando lugar á terceira derrota nesta primeira fase da tempada para o equipo noiés.
Seguiremos traballando nas vindeiras semanas á espera dos primeiros brotes verdes da tempada, que esperemos asomen máis pronto que tarde.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 14 puntos
Iker Queiro–> 11 puntos
Celso–> 7 puntos
Jaime–> 4 puntos
Alex–> 2 puntos
Leo–> 2 puntos
Iker Freire
Joaquín
Beltrán
Marcos
Joel
Antón

Leave a Reply