Senior 1ra División

Campus Universitario Ourense 61 – 64 CB Berberecho de Noia

Parciais: 15-23 /13-15 / 22-11 / 11-15

Victoria por 3 puntos, 61 a 64, do CB Berberecho de Noia na súa visita o pasado sábado a pista do Universitario Campus Ourense. Presentábanse os noieses con 3 baixas ao encontro, Noel, Tomás e Santi Lope, e cun convalecente Ángel Gómez que chegaba ao encontro despois de ter que acudir ao hospital na noite previa ao encontro. Os barbantinos realizaron un encontro moi serio, empuxéronse en 3 dos catro períodos de xogo, e só un terceiro cuarto onde encaixaron un 22 a 11 de parcial fixo perigar o encontro.

 

Comezaba o encontro con Chico Barreiro e Miguel Gil liderando o ataque amarelo ao anotar entre os dous 5 triplas nos primeiros 10 minutos de xogo. No segundo parcial os noieses baixaban a anotación, pero o bo facer defensivo lles permitía aumentar a súa renda e chegar ao descanso con 10 puntos de vantaxa, 28 a 38. No terceiro acto, os locais subían o seu ritmo de xogo. Liderados polo escolta Pablo Rodríguez que anotou 10 puntos (con 3 triplas) neste cuarto, o que sumado a dificultade que lle xeraban aos noieses a defensa de determinadas situacion de poste baixo, propiciaba que os ourensáns lle desen a volta ao marcador e se situasen cun punto de ventaxa ao remate do período, 50 a 49. Non tardaban en recuperar a dianteira no marcador os amarelos, que cunha canastra de Miguel Gil voltaban a comandar o marcador. Tras un final de encuentro en el que el buen hacer defensivo, y el acierto desde la línea de tiros libres noies fueron claves, los del berberecho sumaron una nueva victoria, primera fuera de su feudo, 61 a 64.

 

Campus Universitario Ourense: Fabio Canitrot(7), Iván Eirey (-), Guzmán Gómez (12), Jordi López (8), Sergio Vázquez (-), Pablo Rodríguez (13), Diego Gonzalez (-), Brais Pérez (-), Cristian Garcia (10), Carlos Rodriguez (7) e J.C. Gonzalez (4).

CB Berberecho de Noia: Jorge Pérez (4), Mateo Queiruga (2), Anxo vazquez (2), Mario Álvarez (13), Iván Couce (4), Angel Gómez (6), Miguel Gil (16) e Chico Barreiro (17).

 

 

O próximo sábado os noieses recibiran na súa casa as 18:00, aún dos equipos máis potentes da competición o PBB Godoy Maceira de Porriño. Os pontevedreses que a pasada tempada remataron no 10º posto da liga eba, descenderon debido aos arrastres de categorías superiores. Os porriñeses, que manteñen practicamente o mesmo bloque que a campaña pasada, sufriron unha inesperada derrota a pasada fin de semana na súa pista fronte ao BBC de Vilagarcía, co que a bo seguro querrán redimirse na  súa visita ao Alonso.

 

Polo bando noieses, as consabidas baixas de Noel, Tomas e Santi, o ala pivote Ángel Gómez será duda ata último momento, e dependendo das súas sensacións no quecemento de penderá que poida axudar aos seus compañeiros ou non fronte ao Porriño Godoy Maceira.

Leave a Reply