Senior Masculino

CB Novobasket Vigo 58 – 65 CB Berberecho de Noia

Parciais: 13-18 / 13-16 / 17-10 / 15-21

Trala vitoria acadada o pasado fin de semana na súa visita ao CB Novobasket Vigo, por un 58 a 65, o Cb Berberecho de Noia consegue a permanencia na 1ª división autonómica de baloncesto. A pesar de que ainda resta unha xornada por disputar, os noieses tocalle descansar na derradeira xornada ao tratarse dun grupo impar. O equipo noies que dirixe Ángel Castro, teñen asegurada a 2ª praza do grupo, e en función dos resultados que se den no próximo fin de semana mesmo podería ser primeiro clasificado do grupo.

O alapivot noies Ángel Gómez, con 22 puntos en 22 minutos, cun 5 de 6 en tiros de 3 puntos, foi a principal referenza do Berberecho, e clave no arranque dos noieses ao anotar os 11 primeiros puntos do conxunto amarelo. A pesar de que os noieses comezaban a abrir unha pequeña brecha no ecuador do primeiro acto, as malas novas viñan no apartado defensivo ao comezar a cargarse de faltas dúas das súas principais referenzas o base Manu Prates eo o alapívot Angel Gómez. Finaban os primeiros 10 minutos con ventaxe para os amarelos de 5 puntos 13 a 18.

Un bo arranque noies, situaba aos noieses con 12 puntos de vantaxa, obrigando a solicitar tempo morto ao adestrador local. Ao igual que o primeiro período, as faltas lastraban os xogadores do Berberecho, e Santi Lope e Luka Vukcevic debían ser sustituidos. Ainda así, os noieses, cas ideas claras a pesar dos diferentes variantes defensivas dos olívicos, conseguían imponerse no segundo parcial e chegar ao descanso cun 26 a 34 no marcador.

No terceiro período, o equipo da ría de noia vivía os seus peores momentos. As faltas seguían a ser unha losa para os amarelos, o que facía menguar a súa rotación de efectivos. Aproveitaban os locais, para recurtar as diferenzas e situarse a 1 puntos ao remate do 3 período, 43 a 44.

Moi cargado de faltas nalgúns dos seus xogadores referentes, o cb Noia via como os locais lle conseguían tomar a dianteira no inicio do cuarto acto, 45 a 44, pero unha nova tripla de Ángel Gómez, comandaba un parcial a favor dos noieses de 0 a 8 e que freaba o ímpetu dos olívicos. Trataban de aferrarse ao encontró os vigueses, pero cun bo traballo defensivo, o conxunto berberecheiro non daba opción aos locais parfinar así o encontró cunha importante e merecida vitoria 58 a 65.

Nexo NovoBasket: Daniel Alvarez (-), Santiago Rodriguez (-), Iñigo Portela (3), Edu Vazquez (16), Javier Vilan (10), Luis Fernandez (2), Noe Ferreiro (11), Sergio Hermida (-), Jacobo Rosendo (5), Aaron Fandiño (-), Guillermo del Clavijo (-9 e Julian Vizcaino (11).

CB Berberecho de Noia: Andrés Gómez (13), Luka Vukcevic (-), Santi Lope (2), Anxo Vázquez (2), Iván Couce (2), Angel Gómez (22), Manu Prates (12), Oscar Triñanes (6) e Roi Gonzalez (6).

Parciais: 13-18 / 13-16 / 17-10 / 15-21

Leave a Reply