Senior Masculino

  CB O Meco 52-60 CB Berberecho de Noia

Parciais: 7-12 / 14-20 / 17-21 / 14-7

Importante victoria a lograda o domingo pola tarde CB Berberecho de Noia na pista do CB Meco, 52 a 60. Consciente do importante de acadar a victoria, os noieses sairon moi centrados no encontró sobre todo no eido defensivo. A pesar de tomar a dianteira nos primeiros minutos, os arousans dábanlle a volta o marcador cunha canastra do pivote Martín Prol, 5 a 4. Efímera sería a alegría para os locais, os noieses liderados polo alapivot Ángel Gómez, non tardaban en voltear ao marcador. Os noieses impoñíanse 7 a 12 no primeiro parcial.

Novamente, o equipo amarelo, impoñíase no segundo período. A pesar de chegar ao descanso cunha renta de 11 puntos, 21 a 32, os noieses tiñan unha asignatura pendente no rebote defensivo, posto que as 9 capturas en ataque dos locais permitían que non puidesen chegar cunha maior vantaxe ao descanso.

Catro triplas prácticamente seguidas no inicio do terceiro cuarto, unha de Andres Gómes, 1 de Manuel Prates e dúas de Angel Gómez, propiciaba que os noieses chegasen a ter unha renta de 20 puntos, 21 a 41. Parecía que tiña controlado o partido os noieses, pero no tramo final, as imprecisións e perdas de balón propiciaba que os grovenses recurtaran o marcador deixando a diferenza en 15 puntos.

O último cuarto, deu lugar a pior cara los noieses. O equipo local, consciente de que unha derrota os condenaba prácticamente ao descenso de categoría, imponían un partido moi físico onde os noieses non eran capaces de atopar o ritmo axeitado. A precipitación e as numerosas perdas de balón propiciaban novamente que os locais recucisen a diferenza ata 8 puntos cunha tripla do aleiro Bruno Padín, 50 a 58 a falta de 5 minutos. Quizais froito dos nervos, e da importancia do partido, ningún dos duos equipos se mostraban acertados de cara ao aro, posto que so anotaban 1 canastra por cada conxunto nos últimos 4 minutos de xogo. Finalmente victoria por 8 puntos para os noieses, 52 a 60.

CB Meco: Manu Bello (-), Manu Garrido (11), Sergio López (4), Martín Prol (-), Martín Dominguez (11), Saulo Sanchez (8), Bruno Padin (5), Dani Prol (13), Anxo Abal (-) e Diego Mitkova (-).
CB Berberecho de Noia: Manuel Prates (12), Oscar Triñanes (6), Roi Gonzalez ( 3), Angel Gómez (18), Iván Couce (4), Anxo Vázquez (2), Santi Lopez (3), Luka Vukcevic (-) e Andres Gómez (12).

Con esta victoria, os noieses suman 4 triunfos consecutivos e lideran o seu grupo xunto co Caferlo Viveiro. Vital é o próximo encontró para o CB Berberecho, posto que o próximo sábado enfrontaranse no Alonso Rodriguez ao seu inmediato perseguidor, o Santo domingo de Betanzos. Unha victoria local, certificaría matemáticamente a permanencia na categoría a falta de 2 xornadas para o remate da competición.

Leave a Reply