Senior Masculino

CB Berberecho de Noia 62- 54 Asesores Viveiro

Parciais: 8-14 / 22-14 / 18-13 / 14-13

Importante victoria, 62 a 54, do cb Berberecho de Noia na 10 xornada da 1 división senior galega fronte o Asesores Viveiro. O encontro estivo marcado polas numerosas baixas que presentaban ambos equipos. Os viveirenses achegaban as baixas do base Antón Expósito, Doibis Imbert e Pablo Martínez. Pola contra os noieses non podían contar con Manuel Basante e Noel Pouso (ambos lesionados polo que resta de tempada), nin con Luka Vukcevic.

Empezaba ben o encontro para os noieses, que cunha canastra do pivote Alfonso Mallo e una tripla do portugués Manu Prates, situaban os noieses 5 a 0 nos primero compases do encontro. Pouco duraría a ledicia no bando local, que a pesar lograr situacións francas de lanzamento, non eran quen de anotar. O desacerto noies ia facendo mella na moral berberecheira o que afectaba no tramo final na defensa local o que propiciaba que o equipo mariñense finase o primero cuarto cunha renta de 6 puntos, 8 a 14.

No segundo acto, o base-escolta amarelo, guiou a remontada local ao anotar 19 dos 22 puntos do seu equipo neste período, chegabdo así ao descanso cunha renta de 2 puntos para os noieses, 30 a 28.

Tralo descanso, seguía o cb Noia desacertado de cara ao aro, se ven o bo facer defensivo, propiciaba que pouco a pouco a diferencia no marcador se fomentar incrementando, 48 a 41 ao remate do tercero período. Un tiro libre de Angel Gómez daba a máxima renta para os xogadores de Angel Castro a falta de 3 minutos para o remate do encontro, 57 a 47. Trataban de reaccionar os visitantes no último tramo do encontro, pero o bo facer da defensa local non daba marxe para a reacción aos xogadores viveirenses.

Viveiro Asesores: José Franco (13), Manuel Moinero (4), Carlos Bris (9), Xose Ramallal (-),Daniel Yañez (3),Vicente Piñon (9), Esteban Franco (14) e Mario Rubal (1).
Cb Berberecho de noia: Andres Gomez (9), Santiago lope (8), ivan couce (2), Angel Gómez (3), Roi González (2) e Manuel cachopas (31), Anxo Vázquez (-) e Alfonso Mallo (7).

Trala festividade de seman santa, o berberecho de Noia retomará a competición o domingo 16 na localidade aurosana do Grove para medirse ao CB Meco. O equipo grovense pecha o grupo cunha única victoria, precisamente acadada na súa visita ao Alonso Rodríguez por un 62 a 72.

 

 

Leave a Reply