Senior Masculino

CB Berberechos de Noia 56 – 60 PBB Godoy Maceira

Parciais: 13-23 / 15-14 / 16-16 / 12-7

Segue sen coñecer a victoria nesta segunda fase da liga no seu feudo o Berberecho de Noia, que o pasado venres caía derrotado fronte o Baloncesto Porriño por 4 puntos, 56 a 60. O encontró quedou condicionado nos primeiros 10 minutos de xogo. Tras un intercambio inicial de canastras, os visitantes, apoiados no seu acerto dende a liña de 3 puntos, non tardaban en abrir brecha no marcador ante a feble defensa barbantina. Así pois remataba o cuarto co marcador sinalando un 13 a 23 para os pontevedreses.

 

No segundo período, máis metidos no encontró, melloraban a súa disposición na pista os noieses co que se chegaba ao descanso cun 28 a 36. No terceiro acto, a igualdade eo intercambio de canastras foi unha constante, proba delo foi o empate a 16 neste período.

 

Así pois, chegaban ao último cuarto con 8 puntos de diferenza os de Ángel Castro. Pouco a pouco, os amarelos, con Tomás Álvarez como referenza, comezaban a recurtar a distancia no marcador. Así pois, tras unha gran defensa, os noieses recuperaban o balón a falta de 1:40, co 55 a 58 no marcador, pero un falta de ataque dos barbantinos, e a posterior canastra do escolta porriñés Iván Losada, estragaban as opcións de remontada dos locais. Finalmente, o marcador reflexaba o 56 a 60 final impedindo así a victoria noiesa.

 

Polo Berberecho de Noia o máximo anotador foi o base tomás Álvarez con 22 puntos. Xogaron e anotaron, Jorge Pérez (3), Anxo Vázquez (2), Mario Álvarez (12), Iván Couce (-), Ángel Gómez (2), Miguel Gil (6), Santi Lope (-) e Chico Barreiro (9).

 

 

 

Previa

 

Restan 4 encontros para o remate da tempada, sendo o primeiro deles esta fin de semán, onde os do berberecho de Noia se desprazaran a pista do Instituto Rosalía de Santiago para medirse ao equipo anfitrión. A baixa de Noel Pouso e Sergio Furelos, súmase a do base-escolta Tomás Álvarez, co que se non hai contratempos de última hora o técnico

Leave a Reply