Infantil Masculino

CB San Pelayo Mixto 39 – 32 CB Noia Liceo 

Parciais: 9-9 / 8-12 / 11-7 / 11-4

Primeira derrota da tempada do CB noia liceo na súa visita ao CB San Pelayo de Santiago. Os noieses, líderes do grupo, caían derrotados fronte aonsegundo clasificado por 7 puntos, 39 a 32.

Tralos primeiros 20 minutos os noieses comandaban o marcador por 4 puntos, 17 a 21. Na segunda parte, o conxunto compostelan mudaba a sua defensa a unha zoa 2-3 que freou por completo o ataque dos amarelos. A pesar do bo facer dos noieses en defensa, o desacerto cara o aro compostelán propiciaba que os colexiais se impuxesen por 39 a 32.
Cb Liceo Noia: Angel iglesias (2), manu freita (2), ivan creo (1), jacobo Pía (-), Lucas Ávila (5), Izán Busto (-), Beltran Oviedo (10), Noel Fernández (2), Nazan Sendón (10), Mateo Creo (8), Ivan Creo (2) e Daniel Perez (-).

Leave a Reply