Senior Masculino

CB Berberecho de Noia 62-72 CB Meco

O CB berberecho de Noia caeu no seu feudo o pasado fin de semana por 10 puntos, 62 a 72, perante o CB Meco. Con esta derrota os noieses suman 2 derrotas nesta segunda fase de descenso da 1ª división senior masculina.

Antes do inicio do encontró, xa recibirían o primeiro contratrempo os noieses, ao non poder contar a última hora co pivote Alfonso Mallo. Comezaba o encontró, e con el os amarelos tomaban a primeira renta do partido cun parcial de 6 a 0. A pesar do bo arranque local, os arousáns foron pouco a pouco entrando no partido e recucindo as diferencias, para rematar o primeiro cuarto cun marcador de 18 a 15.

O segundo acto foi o de maior anotación dos dous equipos, sendo favorable aos noieses por un 24 a 21. Unha canastra do pivote local Ivan couce, daba a máxima renta do encontró ata o momento, 30 a 20 no ecuador do segundo parcial. A pesar da vantaxe, a precipitación no xogo dos locais, facíalles encaixar un parcial de 0 a 9 que volvía meter aos do grove no encontró, e a solicitar tempo morto ao adestrador local. Voltaba a dar unha pequena estirada o Berberecho de Noia que permitía que se marchase ao descanso cun renta de 6 puntos ao seu favor.

Retomábase o encontro tralo paso polos vestiarios, pero desta volta os do CB foron claros donos do encontró perante un Noia que so era capaz de anotar 6 puntos no terceiro período fronte aos 14 dos visitantes. O visitante Daniel Prol, erexiuse coma protagonista do encontró un último cuarto conseguindo 11 dos 24 puntos que anotou no encontró, o que sumado ao desacertó dos locais, propiciaba que os do Grove se levasen a súa primeira victoria nesta fase de descenso-

CB Berberecho de Noia: Manu Basante (11), Manu Prates (11), Luka Vukcevic (8), Andrés Gómez (5), Noel Pouso (3), Anxo Vazquezx (2), Roi Gonzalez (3), Angel Gómez (5), Iván Couce (4) e Santi Lope (10).
CB Meco: Dani Prol (24), Manu Bello (-), Manu Garrido (-), Martín Prol (4), Martín Dominguez (11), Saulo Sanchez (9), Bruno Padín (7), Anxo Abal (2) e Diego Mitkova (6).
Parciais: 18-15 / 24-21 / 6-14 / 14-22

Leave a Reply