Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio bigslam se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121

Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio goodlayers-core se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121
Senior Masculino – Club Baloncesto Noia

Senior Masculino

PBB Godoy Maceira 78 – 57 CB Berberecho de Noia

Parciais: 21-17 / 25-17 / 19-9 / 13-14

A terceira xornada da 1ª división senior masculina de baloncesto, saldouse con derrota polo CB Berberecho de Noia fronte ao Baloncesto Porriño por 78 a 57.  Iniciabase o encontro cun alto ritmo de xogo por parte de ambos equipos, os porriñeses tomaban as primeiras ventaxas grazas ao seu acerto dende a liña de 6,75, mentres que os noiases trataban de manterse no encontro gracias a rápidas transicións. Finalizaban os primeiros 10 minutos cun igualado 21 a 17. Conseguían os amarelos darlle a volta ao marcador e situar o 23 a 25 no arranque do segundo cuarto. Mantívose a igualdade e alternancia no marcador ata falta de 4 minutos para o descanso, cando de novo o acerto dende a liña de 3 puntos foi determinante para o despegue local, 46 a 34. Cabe destacar os 9 triples anotados  polos locais nestes primeiros  minutos.

 

O terceiro período foi clave para o devir do encontro. Con tres triplas consecutivas mediado o terceiro cuarto por parte local,  unido ao desacerto noies en ataque, propiciaba que os porriñeses chegasen a unha renta de 18 puntos. A ventaxa pontevedresa aumentaría ata os 22 puntos ao remate do cuarto. A pesar de que o encontro xa estaba decidido, ambos equipos se empregaron con intensidade nun último que aproveitaron para seguir crecendo como equipos. Con 28 puntos, e cun sobresainte 6 de 13 en tiros de 3 puntos, o local Jorge Aller foi sen dúbeda o xogador máis destacado do encontro.

 

PBB Godoy Maceira: Terry (6), Martim (-), Yago (-), Iván (6), Lucas (7), Daniel G. (-), David (7), Jorge (-), Iñigo (8), Daniel L. (2), Joel (14) e Jorge (28).

CB Berberecho de Noia: Noel (3), Tomas (17), Mario (4), Ivan (4), Angel (6), Miguel (9), Santi (7) e Chico (7).

Parciais: 21-17 / 25-17 / 19-9 / 13-14

 

O boa nova do encontro para os do Berbebercho de Noia, foi a reaparición do aleiro Chico Barreiro tras case tres meses sen xogar. Os de Ángel Castro, que contan cun balance de 1 victoria e 2 dúas derrotas, recibiran a próxima semán no seu feudo ao Inst. Rosalia  de Santiago, cuerto clasificado con 2 triunfos e 1 derrota.

Leave a Reply