Senior Masculino 1ª División

CB berberecho de Noia 78 – 51  Novobasket de Vigo

Parciais: 20-17 /24-14 / 16-12 /18-8

Contundente victoria do CB berberecho de Noia por 27 puntos de diferenza, 78 a 51, ante o Novobasket de Vigo no partido disputado esta fin de semana no Alonso Rodriguez.

Comenza o partido cos olívicos comandando o marcador con rentas de entre 2 e 5. Pasado o ecuador do período, unha canastra de Iván Couce volteaba o marcador para situar os noieses por diante, 16 a 14. Os locais daban o volta o electrónico e remataban os 10 primeiros minutos de xogo con mínima rente o seu favor, 20 a 17.

Arrincaba o segundo cuarto, e os locais imponían un alto ritmo de xogo que propiciaba que abrisen unha pequeña brecha de 8 puntos, 28 a 20. Semellaba que os noiesen ían abrir proseguir aumentando a súa vantaxe, pero as numerosas perdas de balón, daban folgos aos visitantes que aproveitaban para situarse a un punto, 30 a 29 a falta de 6 minutos, obrigando a solicitar tempo morto ao adestrador local. Sairon cas ideas máis claras os do berberecho de noia que con un 14 a 0, deixaban o marcador cun 44 a 29 a favor dos noieses.

O bo facer defensivo, xunto co acerto dos noieses o longo da segunda metade, non deron opción ao equipo olívico para pelexar pola victoria o que se viu reflexado no marcador cun 78 a 51.

CB Berberecho de Noia: Andrés Gómez (-), Manu Basante (14), Noel Pouso (2), Luka Vukcevic (2), Santi Lope (8), Anxo Vázquez (2), Iván Couce (12), Angel Gómez (18), Roi González (4) e Manu Prates (16).
Nexo Novobasket: Daniel Álvarez (2), Kassio Alif (-), Santiago Rodriguez (-), Íñigo Alonso (4), Edu Vázquez (18), Noe Ferreiro (7), Jacobo Rosendo (2), Aaron Fandiño (-), Guillermo Clavijo (3), Luis Fernandez (7) e Roberto Rosell (8).

Así pois, con esta victoria, os do Berberecho de Noia pechan a primeira volta desta primeira fase, cun balance de 4 victorias e 4 derrotas. Clave será a próxima seman para as aspiracións noiesas de colarse entre os 4 primerios. O xoves 8 de decembro, recibirán no Alonso as 18:00 ao Campus Ourense, equipo cun balance de 5 victorias e 3 derrotas. Posteriormente volverán a ter partido os noieses entre semana ao desplazarse o luns 12 a Vigo para medirse as 21:00 ao 6 do nadal.

Leave a Reply