Junior Masculino

CB noia Lolitamoda.com 73-68 Rosalia

mportante victoria do do CB noia Lolitamoda.com por 5 puntos de diferenza, 73 a 68, que os mete matemáticamente, a falta de 2 encontros por disputar, na fase pola loita polo título. Os noieses mostraron unha gran melloría respecto ao último encontró disputado a semana pasada, e comandaron o electrónico prácticamente dende o inicio. Os tres primeiros cuartos deixaban o marcador cun 64 a 47 no que os noieses se mostraban por momentos moi superiores. Transcurriran dous minutos du último período, e unha canastra de Facundo Merlano, daba a máxima renta para os locais, 68 a 47, pero deixaba mancado ao xogador noies ao que esperamos unha pronta recuperación.

Semella que o partido estaba visto para sentenza, pero nese momento o adestrador visitante solicitaba tempo morto para mudar a súa defensa a unha zoa 3-2. A defensa zoal visitante, daba os seus froitos e propiciaba que o ataque noies se frease. Os visitantes comezaban a recurtar a diferenza, pero finalmente a victoria ficou no feudo noies por un 73 a 68.

Leave a Reply