CB Noia O Churrasco do Floro 68-55 Basket Ribadulla
Tanteo por cuartos: 16-10/20-7/18-15/14-23
Novena xornada da primeira fase para o noso Senior Zonal masculino que se disputou na tarde no Alonso Rodríguez fronte ao Basket Ribadulla, terceiro clasificado, e que finalizou ca oitava vitoria do conxunto noiés para manterse ao fronte da clasificación unha semana máis.
Un partido que se esperaba complicado para os locais polas baixas de Sergio Furelos e o recentemente incorporado Noel Pouso, pero o equipo visitante tamén traia varias baixas sensibles que se notaron durante o transcurso do partido. Os noieses comezaron con rápidas transicións e un bo traballo en defensa que non culminaron en canastra tantas veces como deberían, aínda así conseguíronse as primeiras vantaxes no marcador, 16-10. O segundo cuarto transcurriu da mesma forma, pero un maior acerto por parte do conxunto noiés xunto ca falta de acerto do conxunto santiagués permitiu levar a renda dos locais ata os 19 puntos, 36-17
Coa vantaxe acadada ata este momento do partido, os noieses chegaron á segunda parte cun punto menos de intensidade, o que aproveitaron os santiagueses para mellorar o seu rendemento en ataque cun bo parcial a favor ao que responderon os locais para incrementar a renda 3 puntos antes do último período, 54-32. O último cuarto mantivo o ritmo do anterior, ata os intres finais nos que o conxunto noiés se deixou levar, deixando un marcador final de 68-55.
Esta vitoria permite asegurar a clasificación matemática para os cruces mínimo como segundo de grupo para o CB Noia O Churrasco do Floro. A vindeira semana darase o enfrontamento entre os dous equipos punteiros da clasificación, co que unha vitoria fronte ao El Papatorio Tapas y Brasas será fundamental para afianzar o primeiro posto de cara á seguinte fase.
Xogaron e anotaron:
Mateo–> 22 puntos
Martín Ogando–> 8 puntos
Sergio–> 8 puntos
Xandre–> 7 puntos
Pinto–> 6 puntos
Martín–> 5 puntos
Kike–> 5 puntos
Unai–> 3 puntos
Hugo–> 2 puntos
Jorge–> 2 puntos
Adrián