Junior Femenino

CB Noia Autos Patiño 18-86 Compañía de María

Tanteo por cuartos: 4-24/2-22/6-24/6-16

Nova fase da competición para o CB Noia Autos Patiño na tarde do domingo no Alonso Rodríguez fronte ao Compañía de María, recientemente descendido de Liga Galega, e que foi moi superior dende os primeiros intres do partido.
O partido foi marcado pola presión a toda pista e o nivel de defensa constante do conxunto santiagués que desembocou en múltiples perdas e erros dos locais, que xunto ao escaso acerto ofensivo ao longo do partido dos noieses, deixou o partido decidido xa ao descanso cun contundente 6-46 que non dá lugar a dúbidas.
A segunda parte foi algo mellor en ataque para os noieses, pero nada máis lonxe da realidade, xa que os santiagueses mantiveron o pé no acelerador mantendo o seu estilo de xogo ata o último segundo do partido, chegando a un abultado resultado final de 18-86.
Posiblemente o mellor traballo defensivo a nivel de intensidade por parte dos noieses contra o rival máis complicado da tempada non foi suficiente para competir o partido. Con esta mellora nos temos que quedar de cara a próximos partidos e buscando unha vitoria nas futuras xornadas.
Xogaron e anotaron:
Brayan–> 5 puntos
Iker Freire–> 4 puntos
Leo–> 3 puntos
Brais–> 2 puntos
Iker Queiro–> 2 puntos
Joaquín–> 2 puntos
Álex
Beltrán
Celso
Jaime
Joel

Leave a Reply