Senior Masculino

PBB Godoy Maceira 78 – 44 Cb Berberechos de Noia

Parciais: 23-9 /26-5 / 16-17 / 13-13

Contundente derrota do Berberecho de Noia, 78 a 44, fronte o Baloncesto porriño o pasado sábado no encontro correspondente a penúltima xornada ligueira. A pesar da baixa de última hora por lesión de Sergio Furelos, que se unía as de Chico Barreiro, Santi Lope e Noel Pouso, a previa do encontro empezaba ben para os noieses, o Novobasket vigo caía no seu encontro contra o CBL de vilagarcía, o que significaba que a falta de dúas xornada o equipo barbantino que dirixe Ángel Castro clasificábase matemáticamente entre os 8 equipos que dentro de dúas semanas pelexaran por un dos 4 postos para disputar o play off de ascenso.

 

Ata o inicio do encontro durou a algarabía noiesa, os Porriñeses de Jenaro Alonso, líderes do grupo con 11 victorias, inflixían un duro correctivo ante un equipo amarelo que se mostrou excesivamente disperso durante os primeiros 20 minutos. O 49 a 14 que sinalaba o marcador ao descanso deixaba sentenzado un encontro moito antes do que se podía esperar. Nun encontro sen historia, melloraban parcialmente os noieses na segunda parte deixando o encontro nun 78 a 44.

 

Porriño Baloncesto: T. Bardasz (14), Y. Mosteiro (-), I. Losada (7), D. Dominguez (4), L. Vaquero (7), D. Lopez (-), I. Gonzalez (6), D. López (2), O. Mauro (5(, J. Martínez (22) e Jorge Aller (11).

Berberecho de Noia: Jorge Pérez (6), Tomas Álvarez (9), Anxo Vazquez (0), Mario Rodriguez (1), Ivan Couce (6), Angel Gómez (4), Miguel Gil (15) e Adrian Calvo (3).

 

 

Xa clasificados para a fase polo ascenso, aos amarelos restánlle unha xornada para finalizar esta fase. O próximo sábado os do Berberecho de noia recibirán no Alonso Rodriguez ao Novobasket de Vigo no habitual horario das 18:00 horas.

 

Leave a Reply