Senior Masculino

CB Vistaalegre 64-69 CB Noia O Churrasco do Floro

Tanteo por cuartos: 16-16/20-16/14-20/14-17

Oitava xornada desta primeira fase para o noso Senior Zonal masculino, que os enfrontou ao CB Vistaalegre na mañán do domingo en Santiago no polideportivo Lorenzo de la Torre, que concluíu ca sétima vitoria da tempada que permite aos nosos manter o liderato unha semana máis na categoría.
O partido foi moi competido e decidiuse por detalles durante os últimos intres do encontro, polo que a igualdade foi a tónica que se mantivo a maior parte do partido. O primeiro cuarto comezou cun equipo local máis acertado e tomando mellores decisións, mentres os noieses tardaron en entrar en calor o que permitiu as primeiras rendas a favor dos santiagueses e que os visitantes se encargaron de igualar ao final do cuarto. O segundo cuarto mantívose no ritmo do anterior, pero con maior acerto por parte dos locais o que deixou a diferenza ao descanso en 4 puntos a favor dos locais, 36-32.
Durante a segunda metade o conxunto noiés foi quen de mellorar o seu rendemento na pista, conseguindo correr e cun mellor traballo defensivo, pero isto non aconteceu dende o inicio do terceiro cuarto, o cal comezou cos santiagueses levando a súa vantaxe por encima dos 10 puntos. Os nosos foron quen de poñerlle solución a isto antés de entrar ao último cuarto ao que se chegou cun marcador de 50-52. O partido rematou cos nosos cun gran acerto dende a liña de tiros libres e varias defensas nas que os locais esgotaron a posesión ou remataron con malos tiros, o que nos permitiu chegar ao resultado final, 64-69.
Deste xeito os noieses lévanse unha nova vitoria alarga a racha de vitorias ata as 5 consecutivas, permitindo que se manteñan unha semana máis á fronte da clasificación. A próxima semana tocará un rival complicado, o terceiro clasificado da categoría, como é o Basket Ribadulla, único equipo capaz de gañar ao conxunto noiés esta tempada, así que seguro que asistiremos a un gran partido de baloncesto no Alonso Rodríguez.
Xogaron e anotaron:
Noel–> 21 puntos
Furelos–> 15 puntos
Sergio–> 6 puntos
Xandre–> 5 puntos
Martín–> 5 puntos
Adrian–> 5 puntos
Mateo–> 4 puntos
Kike–> 4 puntos
Jorge–> 2 puntos
Pinto–> 2 puntos
Hugo

Leave a Reply