Seis do Nadal 67 – 66 Berberecho de Noia
Parciais: 21-19/ 17-20 / 14-17/ 15-10
Derrota do Berberecho de Noia da 1 div senior masculina por un axustado 67 a 66, na sua visita o pasado domingo a pista do conxunto vigués do 6 do Nadal.
O encontro estivo marcado pola igualdade ao longo dos 40 minutos. Saían millor os locais no promeiro parcial o que les valía para adiantarse no marcador. Os noieses comezas a despertar mediado o cuarto para finalizar os primeros 10 minutos de de xogo cun igualado 21 a 19.
O conjunto noies, que por segunda xornada consecutiva xogaba coma visitante, conseguía empoñerse no segundo e terceiro parcial, o que les valía para chegar ao último período cunha renda de 4 puntos.
Coma non podería ser de outra maneira, a igualdad manteríase no último período. Os locais dábanlle a volta ao marcador nos primeros intres obrigando a pedir tempo morto ao adestrador noies. Reaccionaban os amarelos que a falta de 3 conseguía empatar o encontro tras unha tripla de Mario Rodríguez, 64 a 64. Nos últimos 3 minutos de xogo, ningún dos dúos equipos se mostraría acertadonde cara ao aro, co que o parcial de 3 a 2 para os vigueses nese tramo final do encontro foi suficiente para que a victoria quedase no bando local por un estreito 67 a 66.
Polo CB Berberecho de Noia xogaron e anotaron: Jorge Pérez (16), Mateo Queiruga (2), Angel Gomez (12), Mario Álvarez (5), Iván Couce (6), Miguel Gil (4), Santi Lope (12), Chico Barreoro (3) e Anxo Vázquez (6)
Parciais: 21-19/ 17-20 / 14-17/ 15-10
Con esta derrota os noieses suman 1 victoria e dúas derrotas neste arranque de tempada. O próximo sábado no horario habitual das 18.00, o conjunto amarelo voltara ao Alonso para medirse ao conjunto arousan do cb Meco.