Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-content\plugins\revslider\includes\operations.class.php on line 2854

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-content\plugins\revslider\includes\operations.class.php on line 2858

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-content\plugins\revslider\includes\output.class.php on line 3708
Senior Masculino – Club Baloncesto Noia

Senior Masculino

CB Noia O Churrasco do Floro 76-58 CB Outes Óptica Nieto

Tanteo por cuartos: 24-12/17-11/19-17/16-18

Primeiro partido da segunda volta para o noso Senior Zonal que os enfrontou ao CB Outes Óptica Nieto na tarde do domingo no Alonso Rodríguez, nun partido que se decideu na primeira parte e na que os noieses viviron de rendas na segunda para conseguir a sexta vitoria da tempada (cuarta de maneira consecutiva), manténdose como líderes da categoría para cerrar este ano.
O primeiro cuarto deixou claro a superioridade dos locais en ataque e un bo traballo en defensa que permitiu crear as primeiras diferenzas no marcador. Esta situación repiteuse no segundo cuarto, demostrando a solidez dos noieses nesta tempada, e permitindo chegar ao descanso cunha renda de 18 puntos, 41-23.
A segunda metade comezou cos outienses querendo dar un golpe de efecto, reducindo a distancia no marcador por debaixo dos dez puntos, pero os locais reaccionaron como mellor saben, reactivando a maquinaria ofensiva e finalizando xogadas fluidas con moito acerto. Isto permitiu aumentar a diferenza ata os 20 puntos antes do último cuarto. Xa no último cuarto os locais mantiveron o pé abaixo e levaron a súa vantaxe ata os 30 puntos, momento no cal se deixaron levar chegando ao final cun resultado de 76-58.
Desta forma o conxunto noieses remata este ano como líder a falta dunha segunda volta con moitas saídas a canchas de rivais directos polos postos de clasificación para a seguinte fase, pero atravesando un bo momento en canto a xogo que esperamos manteñan de cara ao novo ano.
Xogaron e anotaron:
Furelos–> 21 puntos
Xandre–> 14 puntos
Mateo–> 14 puntos
Sergio–> 4 puntos
Adrian–> 7 puntos
Martín Ogando–> 4 puntos
Kike–> 3 puntos
Unai–> 7 puntos
Hugo–> 2 puntos
Pinto

Leave a Reply