Junior Masculino

CB Noia Autos Patiño 66-78 Segurlamas Basketdeza

 

Tanteo por cuartos: 23-16/13-20/22-18/8-24

Partido xogado na tarde do domingo no Alonso Rodríguez por parte do noso junior masculino fronte ao Segurlamas Basketdeza na segunda xornada da segunda fase da competición. Os locais chegaban ao encontro con gañas de repetir o traballo do último partido e rematar o ano con duas vitorias consecutivas, e así o expresaron durante o primeiro cuarto, no que, fronte a un equipo visitante que se presentou para xogar unha defensa en zona durante 40 minutos, foron quen de xogar de maneira fluida e anotar tiros de forma cómoda. Aínda cunha boa capacidade anotadora por parte dos noieses, mantívose o principal problema ao longo da tempada, a defensa, permitindo aos visitantes empatar o partido ao descanso, 36-36.
A segunda parte comezou como a primeira, o conxunto noiés aproveitando un bo acerto no tiro exterior e os visitantes aproveitandose da mala defensa dos locais e dos problemas que tiñan co rebote defensivo. No último cuarto, os locais quedáronse sen ideas en ataque que propiciu un cuarto cheo de malos ataques e perdas de balón, mentres que en defensa se mantiñan os problemas dos cuartos anteriores, permitindo ao equipo visitantes levarse un partido difícil de ver pola proposta defensiva dos de Lalín e polas poucas ideas en ataque dos noieses.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 32 puntos
Iker Freire–> 18 puntos
Celso–> 4 puntos
Leo–> 4 puntos
Iker Queiro–> 4 puntos
Jaime–> 2 puntos
Beltrán–> 2 puntos
Brayan
Joel
Joaquín
Marcos

Leave a Reply