Senior Masculino

CB Berberecho de Noia 47 – 75 CLB

Parciais: 11-25 / 22-15/ 6-19 / 8-16

 

Duro momento o que está a atravesar o CB Berberecho de Noia da primeira división senior masculina de Baloncesto que, ca derrota deste fin de semana, suma a terceira xornada consecutiva sen gañar. Ademáis os noieses con estar a ter moita sorte no trocante as lesións, xa que seguen a sumar xogadores a lista de baixas, Chico barreiro, Noel pouso, Santi Lope e Anxo Vázquez foron baixa no encontro deste pasado fin de semana, e tan só Anxo Vázquez ten algunha opción de poder axudar ao equipo o próximo fin de semán.

Así pois, o CLB de Vilagarcia pasou coma un vendaval polo Alonso Rodríguez demostrando o porqué ocupan a primeira posición do grupo. Dende o inicio do encontro o equipo arousan levou a iniciativa no marcador gracias a unha boa defensa e as facilidades noiesas para que os visitantes anotaron en rápidas transicións. Remataba o primeiro cuarto cun contundente 11 a 25 para os visitantes.

Dában algo de esperanza os noiesas a súa bancada no segundo período. Máis concentrados, os locais melloraban en defensa e conseguían abrir ocos na defensa visitante para impoñerse neste parcial e ir ao descanso cun marcador de 33 a 40.

Trala reanudación, os vilagarciáns deixaron sentenzado o partido o imporse 6 a 19 no terceiro acto, deixando o encontro visto para sentenza. A segunda parte, foi un querer e non poder dun equipo noieses que sen apenas folgos físicos e mentais, vian como os arousáns incrementarán a súa ventaxa ata o 47 a 75 final.

Polo CB Berberecho de Noia xogaron e anotaron: Jorge Pérez (9),  Angel Gomez(12), Mario Álvarez (6),  Iván Couce (2), Miguel Gil (6),  adrian calvo(-), Sergio Furelos (12) e tomas alvarez (-).

Coma nota positiva, salientar a reaparición no equipo noies tras 2 meses de baixa do base Tomas Alvarez. Os noieses voltan xogar o próximo fin de semana na casa, fronte ao 6 do nadal vigués, non encontro no que a victoria se volvé crucial para as súas aspiracións de clasificarse entre os 4 primeiros equipos.

Leave a Reply