Junior Masculino

CB Noia Autos Patiño 45-63 ADB Fontiñas Restaurante Las Vegas

Tanteo por cuartos: 12-11/6-20/16-21/11-11

Sexta xornada da primeira fase para o noso junior masculino e unha semana máis en busca da primeira vitoria da tempada que por desgracia para os nosos non chegou. O partido fronte ao ADB Fontiñas Restaurante Las Vegas tivo lugar na tarde do sábado no Alonso Rodríguez cun marcador de 45-63 a favor do equipo santiagués.
O partido comezaba cos dous conxuntos erráticos en ataque, deixando un primeiro cuarto escaso en puntos e onde o desacerto foi a normalidade. O segundo cuarto xa foi outra historia. Os visitantes aproveitaron a desorganización defensiva dos noieses para despegarse no marcador, que xunto co pouco acerto en ataque dos nosos, deixou o marcador ao descanso nun claro 18-31 para os de Santiago.
Na segunda parte os noieses saíron con gañas de buscar a épica e subiron a intensidade en defensa, o cal permitiu que se achegasen no marcador nos primeiros intres do terceiro cuarto, pero un cúmulo de erros acumulados en ataque e varios en defensa permitiron aos santiagueses ampliar máis a diferenza. O último cuarto foi moito máis disputado, pero os nosos non foron quen de recortar a diferenza, pese á mellora en defensa. Isto deixou un resultado final de 45-63 para os visitantes.
Quedámonos ca mellora en certos momentos do partido por parte dos nosos e na chegada dunha segunda fase con máis oportunidades para conseguir esta ansiada primeira vitoria.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 13 puntos
Beltrán–> 8 puntos
Leo–> 7 puntos
Iker Queiro–> 6 puntos
Iker Freire–> 4 puntos
Celso–> 3 puntos
Brayan–> 2 puntos
Joel–> 2 puntos
Joaquín
Marcos
Antón

Leave a Reply