Senior 3ª Masculino 18 Decembro

C.B: Noia O Churrasco Do Floro 86-78 ADB Fontiñas

Tanteo por cuartos: 15-16/20-27/25-20/26-15

Despois de dúas derrotas consecutivas, os noieses recuperaron sensacións e retomaron a senda da vitoria fronte a un dos equipos punteiros da liga, nun encontro que dá comezo á segunda volta da liga. Na primeira parte o equipo local plantou cara ante un equipo coas ideas moi claras como é o santiagués, pero varias desconexións en defensa preto do descanso permitiron que os visitantes se foran cunha vantaxe no marcador de 35-43. A segunda parte comezou ca iniciativa dos noieses para tentar poñerse por diante do marcador, pero as gañas de remontar deron paso á precipitación e a incerteza en defensa, deixando ao conxunto santiagués chegar a unha renda máxima de 18 puntos a favor, que sería a máxima diferencia do partido. No último cuarto os nosos rapaces puxéronse o mono de traballo para a defensa, sendo máis agresivos e traballando moi ben as liñas de pase, conseguindo varios roubos finalizados en canastra fácil que se complementaron con ataques ben trazados e algunha tripla. Os últimos minutos de infarto mantivéronse en diferencias moi curtas no marcador, logrando impoñerse os noieses por 8 puntos de vantaxe, recuperando a diferenza que traían do partido da primeira volta, xogado a fin de semana pasada cun marcador de 5 puntos a favor dos santiagueses. Despois do parón por mor das vacacións do Nadal continuará a segunda volta na que esperamos que os nosos rapaces manteñan as sensacións deste encontro para acometer o asalto ás posicións nobres da táboa.
Xogaron e anotaron:
Isaac–> 4 puntos
Oscar–> 7 puntos
Xandre–> 12 puntos
Mateo–> 10 puntos
Kike–> 4 puntos
Sergio–> 2 puntos
Antón–> 3 puntos
Alex–> 24 puntos
Martín–> 17 puntos
Pinto–> 3 puntos

Leave a Reply