Cadete Femenino 18 Decembro

C.B. Noia Autos Patiño 57-33 Balidea Fontiñas 08

Tanteo por cuartos: 12-10/19-3/10-13/16-7

Sexta vitoria consecutiva da tempada para o C.B.Noia Autos Patiño, que se mantén invicto nesta fase da competición, fronte ao Balidea Fontiñas 08. O noso cadete feminino comezou con algunhas dúbidas durante os primeiros minutos do partido o que as levou a comezar por detrás no marcador. Tras este momento inicial as noiesas comezaron a subir o nivel en defensa, apertando liñas de pase e traballando dende a defensa individual, conseguindo que as visitantes tiveran extremas dificultades para chegar a campo de ataque e convertendo varias canastras fáciles. Así chegamos ao descanso cun marcador de 31-13 para as locais. A segunda parte foi un calco da primeira, un terceiro cuarto no que as nosas saíron con dúbidas e sen recordar cal fora o traballo que as levou a renda que acadaran no descanso e cun equipo santiagués que se atopou máis cómodo sen tanta presión por parte das locais. No último cuarto volveu a defensa das noiesas que permitiu un parcial favorable de 16-7 que levaba ao desenlace do encontro e á vitoria das nosas. A competición voltará para as nosas rapazas despois das vacacións de Nadal, que esperan seguir ca súa racha de vitorias na competición.
Xogaron e anotaron:
Candela–> 6 puntos
María–> 2 puntos
Elena–> 22 puntos
Sara–> 2 puntos
Leire–> 5 puntos
Lía–> 13 puntos
Alicia–> 4 puntos
Andrea–>3 puntos

Leave a Reply