Senior 1º 20 de marzo

Berberecho noia 60 / 81 costa artabra

Derrota do sénior masculino de 1a división berberecho noia, os noieses foron arrasados no terceiro cuarto polos ferrolans.
O encontro comezou con moita igualdade cos dous equipos acertados nas súas accións ofensivas, pero no segundo acto os locais impuxeron a súa defensa para sacar as primeiras vantaxes no marcador e só as perdas de balón permitiron aos visitantes manterse preto no electrónico , 37 a 35 ao descanso.
Trala reanudación, os locais saíron concentrados en ataque pero aos poucos minutos os ferroláns impuxeron a súa defensa e con accións rápidas en ataque deronlle a volta ao marcador e lograr unha vantaxe de 20 puntos. No último parcial os locais non puideron reaccionar, esgotados mentalmente.

Parciais:
17-17 / 19-17 / 12-33 / 12-14

Xogaron e anotaron:
Mario 6
Mateo 6
Lodeiro 6
Manu 6
Adrian
Pillado 7
Luka 4
Santi 17
Olloqui
Ángel 8
Serxo
Noel

Leave a Reply