Senior 1º 13 de marzo

Costa artabra 80 – 69 C.B.Berberecho Noia

O senior masculino berberecho noia remata a súa racha de vitorias cunha derrota en Ferrol ante o Costa Ártabra, onde os noieses afundiron no último acto.
Os locais comezaron moi afinados de cara ó aro pero o rebote ofensivo dos visitantes os mantivo preto no marcador. No segundo acto os noieses aumentaron o seu ritmo ofensivo para chegar ao descanso cunha pequena vantaxe, 37 a 40.
Trala reanudación, os visitantes chegaron a ter unha vantaxe de 10 puntos pero os ferroláns reaccionaron con rápidas recuperacións. No último cuarto, os noieses desapareceron do partido, as pérdidas de balón e a precipitación ofensiva foi continua, rematando o cuarto sen marcar un lanzamento en xogo.

Parciais:
18-15 / 19-25 / 25-25 / 18-4

Xogaron e anotaron:
Mario 3
Mateo
Lodeiro 7
Manu 18
Adrian 2
Pilli
Luka 4
Santi 13
Ollo 4
Ángel 14
Serxo 2
Noel 2

Leave a Reply