Junior Masculino 13 de marzo

Noia Lolita moda 55 – 40 Ames

Fantástico o equipo júnior masculino que volveu a contar con só 5 xogadores dispoñibles para o partido e volveu lograr a vitoria ante o Ames no Alonso Rodríguez.
O encontro comezou cos locais moi centrados en defensa, provocando numerosos erros nos visitantes, conseguindo as primeiras vantaxes importantes. No segundo acto, os amienses intentaron mellorar a súa defensa freando o xogo ofensivo dos noieses pero istos mantiveron a vantaxe no marcador, ao descanso, 25 a 12.
Tralo Paso polos vestiarios, os locais saíron decididos á vitoria, sendo máis verticais ao aro e con rápidos contraataques conseguiron aumentar a vantaxe no electrónico. No último cuarto, os pupilos de Jesu Souto centráronse en manter a vantaxe e evitar que os visitantes reaccionen. Gran esforzo do equipo para lograr unha vitoria nun partido complicado.

Parciais:
16-5 / 9-7 / 18-15 / 12-13

Xogaron e anotaron:
David 16
Brais 20
Hugo 2
Facundo 4
Noel 13

Leave a Reply