Senior 1º 1 maio

PAVIMENTOS NOIA 73 / 68 XUVEN CAMBADOS

Victoria do Pavimentos Noia nun emocionante partido onde os noieses remontan nun magnífico último carto.
Os locais comezaron con moita forza, logrando unha clara vantaxe nos dous primeiros minutos pero o cambio defensivo dos visitantes cambiou o guión do encontro, conseguindo remontar e chegar ao descanso cunha vantaxe de Xuven, 34 a 41.
Despois do forzado descanso, os visitantes saíron moi concentrados e cun gran acerto nos seus lanzamientos aumentaron a súa vantaxe no marcador. Pero a reacción dos amarelos chegaría sendo moi directos cara o aro. Ainda que foi no último carto cando a reacción e a remontada culminouse con duas triplas consecutivas e unha gran defensa neses últimos minutos, os pupilos de Jesu Souto acadarían unha vitoria traballada e igualada.

PARCIAIS
24-18 / 10-23 / 16-15 / 23-12

XOGARON E ANOTARON
MARK 12
DIDAC
MARCOS 9
NOEL 9
ADRIÁN 3
ÁNGEL 7
GORKA 14
SANTI 19

Leave a Reply