Cadete Fem. 1 maio

CB NOIA A ROUFANA 58/44 CAB INMOPONTE
Partido disputado na tarde do sábado no pabillon Alonso.
1 de Maio día do traballador, e moito traballo lle dou as nosas rapazas acadar a vitoria pelexando punto a punto e minuto a minuto.
Comezaba o partido como ven sendo habitual moita intensidade, roubando balón na primeira liña de presión e acadando canastras en contraataque, asi chegaron as primeiras ventaxas no electrónico.
Non todo ia a ser doado e as numerosas imprecisións achegaron o equipo visitante no marcador.
Asi ia a ser o resto do partido acadando pequenas ventaxas nos primeiros minutos de cuarto que se desvanecian nos minutos finais.
Pero chegou o derradeiro periodo onde foi todo o contrarío, o equipo visitante facia prevalecer a sua ventaxa física no xogo interior chegando a porse a tan so 4 pts a falta de 4 minutos para o remate do encontro, nestes minutos finais as locais apretaron os dentes volvendo a subir a intensidade defensiva provocando erros nas visitantes que aproveitamos acadando a máxima ventaxa do encontro.
PARCIAIS
17-12/13-14_14-7/14-11
XOGARON E ANOTARON
CAYETANA 4
MARIA 9
ELENA 11
LUAR 10
ANTIA 8
ANDREA 4
IRIA PARIS 12

Leave a Reply