Junior Masculino 9 de abril

Noia Lolita moda 63 / 71 Peleteiro

Fantástica tempada para o equipo júnior masculino moda Lolita, a pesar da derrota no seu último partido de liga, os noieses remataron nunha meritoria cuarta posición. Os noieses foron de menos a máis durante a tempada mellorando o seu xogo a pesar de contar con só seis xogadores nos partidos.
Os locais comezaron concentrados e impoñendo o seu xogo, logrando as primeiras vantaxes no electrónico. No segundo acto, os locais seguiron co seu ritmo pero a falta de acerto impediu chegar ao descanso con vantaxe, 31 a 34.
Tralo descanso chegaron os mellores minutos para os composteláns cunha gran defensa que ampliaría a diferenza no marcador. Nos últimos dez minutos de partido chegaría a reacción local cunha boa circulación de balón e aumentando a súa intensidade defensiva, pero a falta de acerto nos últimos minutos impediu a vitoria local.

Parciais:
20-19 / 11-15 / 14-26 / 18-11

Xogaron e anotaron:
David 27
Hugo 2
Pinto 8
Facundo 2
Noel 19
Marco 5

Leave a Reply