Junior Masculino 22 de Outubro

CB Noia Autos Patiño 29-106 Disteva C.B. Rianxo

Tanteo por cuartos: 8-35/6-22/4-17/11-32

Segundo partido do noso Junior masculino na primeira fase desta tempada que tivo lugar na mañá do domingo no Alonso Rodríguez fronte ao Disteva C.B. Rianxo e que resultou nunha derrota estrepitosa para os locais por unha difencia final de 77 puntos.
O equipo noieses saíu ao campo falto de ganas e con pouco intensidad, cousa que o equipo visitante aproveitou para rapidamente crear a primeira gran diferenza no marcador, diferenza que só iría aumentando co paso dos catro períodos. O partido mantivo esta liña ata o final, co equipo local incapaz de xerar perigo en ataque e permitindo en defensa un sinfín de canastras fáciles, dando lugar a un diferencial enorme cun marcador final de 29-106.
Os nosos rapaces seguirán traballando para mellorar de cara a próximas xornadas e fases da competición, buscando poder competir e plantar cara ao resto dos equipos da categoría deixando unha mellor imaxe que a desta xornada, o cal non será difícil.
Xogaron e anotaron:

Leave a Reply