Cadete Masculino 22 de Outubro

La Robleda BasketDeza 56 – 65 CB Noia Azul C. Juanatey

Parciais: 15-13 / 12-14 / 16-16 /13-22

Primeira victoria da tempada para o CB Noia C.Juanstey por un 56 a 65 na súa visita a capital do deza o pasado domingo. Non estiveron ben os cadetes noieses nun encontro que lles atragantou e complicou dende un principio, onde o conxunto local semellaba contar con moita mais enerxía. Comenzaba partido cos do barbanza desacertados de cara ao aro e moi brandos en defensa, algo que aproveitaban os locais para tomar a dianteira no marcador. Nun ritmo e encontro, no que os amarelos non se atopaban cómodos, chegabase aondescanso cun empate a 27. Aguantaban os amarelos nun terceiro período na que as faltas les pasaban factura vendo como morros dos seus xogadores se vían relegados ao banco. Así, pois iniciaríase o derradeiro período cun empate a 43. A igualdade manteriase prácticamente ata os últimos dos minutos de encontro, onde cun parcial de 3 a 12, os noieses lograban a primeira, victoria da tempada 56 a 65.

Polos amarelos xogaron e anotaron: Pedro (2), Dani boo (11), Alex (2), Raúl (22), Jesús (7), Lois (2), Alexo (2), Dani Portillo (2) e Lucas (14).

Leave a Reply