Cadete Masculino

CB Noia Azul Clínica Juanatey 76 – 48 Institutos de Compostela B

Bo partido o disputado polo clínica juanatey o pasado domingo no Alonso fronte ao institutos de compostela B. Os cadetes noieses, realizaron, o que quizais foi o encontro máis serio da tempada. Os amarelos defendía un renda de 5 puntos, trala victoria no encontro de ida en Santiago por 50 a 55.

A pesar de comezar dominando o marcador, os locais non acababan de asentarse no xogo. Co paso dos minutos, noieses comenzarían a notarse máis seguros no ataque o que facía que pouco a pouco se distanciase no marcador chegándose aondescanso cun 34 a 24.

Tralo paso polos vestiarios e co transcurrir dos minutos, os noieses proseguía a ampliar pouco a pouco a sua ventaxa, e cada vez sentíanse mais cómodos na pista.

Chegabase así a un último cuarto coa eliminatoria case sentenzada a favor dos noieses. Ainda que o tentaron os compostelans, o bo facer noies non deu opción a reacción picheleira, deixando o marcador co 76 a 48 final

Leave a Reply