ADB Fontiñas 69-73 CB Noia O Churrasco do Floro

Tanteo por cuartos: 15-22/21-23/21-12/12-16

Ida da eliminatoria de semifinais da fase que decidirá o campión da 3ª División Masculina no grupo de Santiago que tivo lugar na mañán do domingo no pavillón de Fontiñas en Santiago de Compostela, enfrontando ao ADB Fontiñas e ao CB Noia Churrasco do Floro, rematando ca vitoria dos visitantes por 4 puntos.
O partido comezou cos noieses mandando no marcador e tentando correr tras varias recuperacións e rebotes defensivos que permitiron que as primeiras diferenzas se estableceran no luminoso a favor dos visitantes, rematando o primeiro cuarto cun 15-22.
No segundo cuarto impuxéronse os ataques de ambos equipos sobre as defensas, onde ambos equipos foron quen de anotar con facilidade, pero incapaces de frear as acometidas do rival. Mentres os noieses conseguían varios parciais a favor para distanciarse no marcador, os visitantes respondían rapidamente con varias transicións rápidas rematadas en canastra fácil, mantendo as diferenzas do primeiro cuarto. Unha canastra de Kike Martínez sobre a bocina do descanso permitiu ampliar a vantaxe do equipo da ría ata os 9 puntos, 36-45.
A segunda metade desenvolveuse de forma moi distinta, os santiagueses saíron cas ideas claras e impuxeron o seu ritmo a base dunha defensa presionante a toda pista que incomodou o xogo visitante, xerando unha gran desorganización en ataque dos noieses. Isto levou a que o conxunto local fose quen de igualar o marcador ao remate do terceiro cuarto, 57-57.
E así chegou o último cuarto, onde ambos equipos subiron o nivel físico e primaron os erros sobre os acertos de ambos. A mellora defensiva dos noieses neste período permitiu darlle a volta aos primeiros parciais a favor dos locais que chegaron a contar cunha vantaxe de ata 5 puntos, de formaque ao final do tempo regulamentario o conxunto noiés conseguía unha importante vitoria cun 69-73 final.
O vindeiro fin de semana ambos equipos repetirán cita, esta vez no Alonso Rodríguez de Noia, na que o equipo dirixido por David Radío defenderá unha renda de 4 puntos para decidir que equipo pasa á final desta fase e se clasifica directamente para a fase de ascenso á 2ª División Masculina.
Xogaron e anotaron:
Sergio Furelos–> 16 puntos
Martín Ogando–> 13 puntos
Xandre Abeijón–> 9 puntos
Martín Insua–> 8 puntos
Mateo Queiruga–> 7 puntos
Sergio Romero–> 7 puntos
Kike Martínez–> 6 puntos
Adrián Calvo–> 4 puntos
Unai Rodríguez–> 3 puntos
Jorge Alarcón
Alejandro Pinto

Leave a Reply