Cadete femenino

Balidea Fontiñas 08 36-45 CB Noia Autos Patiño

Tanteo por cuartos: 10-14/11-14/5-8/10-9

Nova xornada para o noso cadete feminino e outra vitoria para elas fronte ao Balidea Fontiñas 08, que tivo lugar na tarde do venres en Santiago de Compostela. O partido comezou con bos ataques por parte das noiesas que puxeron no marcador as primeiras diferenzas, pero o equipo santiagués reaccionou poñéndose a 4 puntos. O segundo cuarto foi moi similar ao primeiro, con varios erros defensivos por parte das visitantes que permitiron ás locais manterse vivas no encontro. A segunda metade desenvolveuse con menos acerto por parte de ambos equipos, deixando parciais con pouca anotación que favoreceron ás noiesas, axudando a manter as diferencias no marcador. En conclusión, partido apretado no que as nosas foron sacando vantaxe período a período para acabar gañando por unha diferencia de 9 puntos, 36-45.
Xogaron e anotaron:
Elena–> 17 puntos
Andrea–> 14 puntos
Noa–> 6 puntos
María–> 4 puntos
Sara–> 2 puntos
Lía–> 2 puntos
Candela
Alicia

Leave a Reply