Cadete Femenino 14 novembro

GALOGRIN 25/74 C. B. NOIA

Na tarde do domingo o noso cadete femenino viaxaba ata os Tilos para a volta contra o equipo teense C. D. Galogrin.

O partido comezou algo caótico por parte das nosas que, aínda que ca defensa roubaron moitos balóns, no ataque non tiñan orde nin acerto no tiro.
Pero tras un par de minutos relaxaron os nervios e tomaron a dianteira no electrónico grazas ós roubos e contraataques.

Tras o paso polos vestiarios as noiesas mantiveron a intensidade tanto no ataque coma na defensa logrando aumentar a diferenza entre os equipos anotando una victoria máis no palmarés.
A seguir traballando e mellorando.

Parciais
6-20/9-23 /0-14/ 10-17

Xogaron e anotaron
María 12
Elena 18
Luar 6
Antía 8
Adriana
Carlota
Sara 28
Candela 2

Leave a Reply