A.D. Básquet Ames 40- 54 C.B.Noia Autos Patiño

 

Primeiro partido da tempada para o noso cadete feminino na mañán do domingo en Milladoiro fronte a A.D. Básquet Ames. As nosas rapazas arrancaron o encontro desubicadas concedendo varias canastras en contra nos primeiros momentos. Despois deses primeiros intres as noiesas foron quen de impoñer o seu ritmo no encontro, con defensas agresivas que produciron varias perdas de balón no equipo local. Ao longo da primeira metade mantívose esta dinámica de xogo coas noiesas liderando o marcador ao descanso.
No terceiro cuarto as locais sairon con gañas de igualar o encontro cun parcial de 10-3 a favor. Tras esta arrancada das locais, as nosas volveron atoparse no campo e foron quen de manter e aumentar a diferenza ata os 14 puntos grazas ao traballo en defensa e a certa fluidez por momentos en ataque.
Así chegou a primeira victoria da tempada, confiamos en que sexa a primeira de moitas.
Tanteo por cuartos: 8-14/11-14/14-11/7-15
Xogaron e anotaron:
Candela–> 6 puntos
Maria–> 12 puntos
Elena–> 14 puntos
Sara–> 4 puntos
Lía–> 5 puntos
Noa–> 6 puntos
Alicia–> 2 puntos
Leire–> 5 puntos
Sofía

Leave a Reply