Tempada 23-24

Este sábado 30 de setembro, dará comezo no Alonso Rodriguez a 1ª división senior masculina de baloncesto, onde o CB BERBERECHO de Noia recibira as 18:00 ao CB Allariz.

 

Os noieses, que por segunda tempada estarán adestrados por Angel Castro e David Radio, contan cun equipo renovado, onde só se mantañen 5 xogadores respecto a tempada pasada: Anxo Vazquez, Ángel Gómez, Iván Couce, Santi Lope e Noel Pouso. A plantilla noiesa estará completada polos bases Jorge Pérez e Tomás Álvarez, os escoltas Mario Rodriguez e Chico Barreiro e o aleiro Noies Miguel Gil. Tamén estará en dinámica do equipo o base noies con licencia no equipo filial, Mateo Queiruga.

 

O conxunto alaricano, tralo acordo chegado co Bosco Ourense da liga EBA, tamén presentará moitas caras novas respectoao conxunto que a pasada campaña militara na competición. Os noieses, encadadros no grupo sur, mediranse ao CLB de Vilagarcía, CB Meco do Grove, aos conxuntos olívicos do 6 do nadal e novobasket, ao campus ourense universitario e ao Porriño baloncesto Base, estes últimos descendidos da liga EBA:

 

O equipo noies, disputou dous amigables nesta semana, o pasado venres fronte ao CB Culleredo de liga EBA no partido que deu coma pistoletazo de saíada a tempada, e que se salfou cunha derrota noiea por un 76 a 52, e na noite do mércores onde se mediron ao CDU Obradoiro de 1ª div. Senior masculina, e onde se impuxeron por 56 a 64.

 

Coma nota negativa, destacar a baixa do aleiro Noel Pouso que está a espera das probas que lle realizaran o próximo luns 2 para determinar o alcance da lesión da súa rodilla.

 

 

 

Leave a Reply