Senior Zonal

CB Noia O Churrasco do Floro 66-62 El Papatorio Tapas y Brasas

Tanteo por cuartos: 19-26/13-9/17-13/17-14

Cuarta xornada do noso Senior de 3ª División fronte ao actual campión da categoría nun partido disputado na tarde do domingo no Alonso Rodríguez que se decidiu ca terceira vitoria para o conxunto noiés nesta primeira fase da tempada.
Partido entre dous equipos cas ideas claras e que seguro loitarán polas posicións altas da táboa. O partido daba comezo cun gran acerto no tiro exterior por parte do conxunto santiagués que xeraba as primeiras diferenzas no marcador ao seu favor, mentres que os locais intentaban adaptarse ao ritmo do partido nos durante estes primeiros compases. No segundo cuarto os nosos subiron o nivel en defensa, que manterían no que quedaba de encontro, o que permitiu reducir diferenzas de cara ao descanso, 32-35.
Na segunda parte os noieses seguiron ca tónica marcada no segundo cuarto e melloraron a súa producción ofensiva. Isto levou a un final de partido con diferencias moi curtas onde cada posesión importaba, onde o conxunto noiés se soubo impoñer con boas decisións en ataque e, sobre todo, varias boas defensas nas posesións finais, incluíndo varios roubos que finalizaron en canastra.
Así chegaba unha vitoria moi importante para os nosos que se afianzan na zona nobre na táboa clasificatoria a falta de 3 xornadas para o remate da primeira volta. Como clave da vitoria cabe destacar o gran traballo de cada un dos compoñentes do equipo ao longo do partido, sobre todo nas labores defensivas que era un dos nosos retos pendentes, así como a constancia deste traballo ao longo dos 40 minutos de xogo.
Xogaron e anotaron:
Sergio–> 18 puntos
Mateo–> 12 puntos
Martín–> 12 puntos
Furelos–> 11 puntos
Adrián–> 5 puntos
Xandre–> 2 puntos
Kike–> 2 puntos
Jorge–> 2 puntos
Hugo–> 2 puntos
Pinto
Unai

Leave a Reply