Senior Zonal

Basket Ribadulla 56-55 CB Noia O Churrasco do Floro

Tanteo por cuartos: 16-11/15-9/17-17/8-18

Terceira xornada para o noso Senior de 3ª división que coñeceu a derrota por primeira vez na tempada fronte ao Basket Ribadulla na tarde do domingo no polideportivo municipal de Vedra. O equipo visitante chegaba como favorito despois de duas notables vitorias nas xornadas previas, mentres que os locais afrontaban o partido con ansias de lograr a primeira vitoria da tempada na súa casa.
Os dous primeiros cuartos recordaron moito ao partido que os noieses xogaron a xornada pasada, saíndo ao partido desordenados e con pouca intensidade defensiva, permitindo que os locais conseguisen as principais diferenzas no marcador, índonos ao descanso cunha renda de 11 puntos a favor dos vedreses, 31-20.
Ao igual que no partido anterior os nosos saliron con gañas de arranxar o mal traballo da primeira parte nos 20 minutos da segunda. Cunha intensidade superior e aproveitando varias boas defensas, o marcador apertouse ata que os locais anotaron varias triplas que reavivaron o nerviosismo nos noieses, cambiando o bo traballo que se estaba facer por unha execución máis caótica que permitiron aos locais manter a diferenza que levaron ao descanso, deixando o terceiro cuarto cun marcador de 48 a 37.
No último cuarto os visitantes conseguiron impoñer de novo o seu ritmo en ataque e, sobre todo, en defensa, chegando a poñerse por diante no marcador a falta de 2 minutos para o final do partido. Despois de duas ocasións para matar o partido e unha perda a 9 segundo do final co partido empatado a 55, chegou o momento decisivo do partido. Unha gran defensa do conxunto noiés foise ao traste por unha falta cando so restaban 4 décimas de segundo para a conclusión do tempo regulamentario e o partido parecía abocado á prórroga. E así, un tiro libre dos locais rematou coas esperanzas noiesas e cunha notoria vitoria para os vedreses, 56-55.
A semana pasada os nosos foron quen de remontar un partido complicado na segunda parte, pero esta semana non se puido, o que debe servir para aprender que os partidos duran 40 minutos e hai que estar metidos no xogo dende o salto inicial. Os noieses tentaran volver á senda da vitoria a próxima xornada nun partido compricado fronte ao El Papatorio Tapas y Brasas, vixentes campións da categoría.
Xogaron e anotaron:
Sergio–> 17 puntos
Furelos–> 14 puntos
Martín Ogando–> 10 puntos
Adrian–> 6 puntos
Mateo–> 5 puntos
Xandre–> 3 puntos
Kike
Unai
Jorge
Pinto

Leave a Reply