CB Berberecho de noia 71 – 73 Santo Domingo de Betanzos
Parciais: 23-24 / 8-19 / 25-18 / 15-12
Tras 4 victorias consecutivas, que situaban ao Cb berberecho de Noia moi preto de afianzar a permanenza na 1ª división senior masculina, o equipo amarelo caia no seu feudo o pasado sábado, 71 a 73, fronte ao 3º clasificado, o santo Domingo de Betanzos.
O encontró estivo marcado polo parcial que os noieses recibiron no segundo acto, 8 a 19. Pola contra, parecía que empezaban ben o encontró para os berberecheiros, pois iniciaban o encontró cun 5 a 0, pero non tardaban en reaccionar os betanceiros logrando empatar o encontró a 9 puntos. A partir dese momento, o intercambio de canastras foi unha constante, sen que ningún equipo dese ca tensión defensiva necesario para frear o ataque contrario. Esto deixaba un igualado 23 a 24 tralos primeiros 10 minutos de xogo.
No segundo acto, o equipo noies saia a pista moito cas ideas pouco claras, permitindo que o equipo brigantino se fose adueñando do ritmo do encontró. Os numerosos erros dos amarelos propiciaban que os visitantes adquirisen un parcial de 0 a 16 ao seu favor cando restaban 3 minutos para chegar ao descanso. Unha pequena reacción local deixaba o marcador nun 31 a 43 para os visitantes.
Cambiaban a imaxen tralo paso polos vestiarios os noieses, o que propiciaba que grazas aún arreon final chagasen aos 10 ultimos minutos dispostos a poder disputar a victoria no encontró. Os derradeiros 10 minutos podían significar unha salvación, así pois os noieses encaraban o ultimo parcial con 5 puntos de desventaxa, pero dispostos a darlle a volta ao electrónico. Oscilaban as diferenzas entre 1 e 3 puntos a favor dos betanceiros, que non daban tregua aos intentos noieses de remontada. Restaba menos du minuto cando, tras unha xogada preparada para un saque de fondo, unha canastra de Ángel Gómez empataba o encontró a 71 e daba esperanzas na bancada noiesa. O visitante Pablo Sanchez anotaba para os betanceiros. Xa sen tempos mortos, restábanlle 10 segundos aos noieses para forzar a prórroga ou gañar o encontro os noieses, pero a férrea defensa brigantina propiciou que o marcador se pechase nun 71 a 73 ao seu favor.
CB Berberecho de Noia: Andrés Gómez (2), Luka Vukcevic (8), Santi Lope (7), Anxo Vázquez (-), Iván Couce (2), Ángel Gómez (14), Roi González (-), Manu Prates (28), Oscar Triñanes (-) e Alfonso Mallo (10).
Santo domingo de Betanzos B: Felipe Avanteo (8), Javier Monzon (0), Luis Portilla (15), Pablo Lobon (15), Roque Gómez (6), Yago Lameiro (-), Jorge Cayado (8), Javier Cardalda (21) e Bruno Veiga (-).
Tras esta derrota o Berberecho de Noia xogarase a súa permanencia o próximo fin de semana na pista do Novobasket Vigo. Se ven quedan dúas xornadas para rematar a competición, o equipo noies so lles queda este encontró por disputar ao tratarse dun grupo impar e descansar a última xornada. Se o equipo amarelo que dirixe Ángel Castro non quere depender de terceiros resultados na última xornada para manter a categoría, deberá acadar un triunfo esta fin de semana no feudo olívico.