Santo Domingo Betanzos 64- 76 CB Berberecho de Noia
Parciais: 18-20 / 11-15 / 19-23 / 16-18
Primeira victoria na fase pola permanencia do CB Berberecho de Noia, que saía victorioso por un 64 a 76, o pasado domingo a sempre complicada pista do Santo Domingo de Betanzos. Os noieses realizaron un partido muy serio logrando imponerse nos catro parciais do xogo.
Reaparecía no bando noies o pivote Alfonso Mallo que estreaba o marcador e adiantaba aos amarelos no encontró. O primeiro cuarto deixaría malas novas para ambos equipos, os betanceiros perdían a un dos seus homes importantes, o pivote cántabro Luis Portilla, pola banda dos de Ángel Castro, un esguince de nocello propiciaba que o aleiro Ángel Gómez tivese que abandoar o encontró. Tras un primeiro cuarto de intercambio de canastras e rentas curtas dos noieses, o marcador finaba nun 18 a 20.
O base noies Manu Prates, comandaba o ataque berberecheiro anotando 21 puntos en 15 minutos, pero debido as faltas, na metade do segundo cuarto debeu abandoar o terreo de xogo. Aguantaban os noieses, que merced a súa defensa conseguían chegar ao descanso cunha ventaxa de de 6 puntos, 29 a 35.
Tralo paso polos vestiarios, os noieses conseguían ampliar a súa ventaxe ata os 13 puntos logo dunha tripla de escolta Luka Vukcevic. Os irmáns Cayado, aceraban aos betanceiros no marcador, obrigando a solicitar tempo morto o adestrador noies. Reaccionaban de novo os noieses que finalizaban o terceiro período cunha renta de 8 puntos, 48 a 56.
No último período, os betanceiros trataban de aferrarse ao encontró, pero o bo facer noies, impedía que os locais chegasen ao final do encontró con posibilidades de triunfo. Así, pois pos noieses conseguen un importante triunfo, 64 a 76, que os permite seguir con opción de lograr o obxectivo da permanencia.
Santo Domingo de Betanzos: Yago Lemiro (-), Daniel Cayado (16), Javier Gonzalez (-), Luca Minhea (6), Luis Portilla (2), Pablo Sanchez (13), Miguel Latas (11), Manuel García (2), Jorge Cayado (12) e Javier Cardalda (2).
CB Berberecho de Noia: Andrés Gómez (10), Alfonso Mallo (8), Manu Prates (30), Roi Gonzalez (4), Angel Gómez (2), Iván Couce (6), Anxo Vazquez (-), Santi Lope (8), Noel Pouso (3) e Luka Vukcevic (5).