Mini Liga Galega

Mini Liga Galega

Traumacor Culleredo 84- 33 CB Noia Liceo

A pesares da derrota, 84 a 33, bo encontro do equipo mini de 1 división que o pasado domingo se desplazaba a culleredo para medirse o equipo local. Empezaban sen complexos os amarelos sendo capaces de romper a defensa local, se ben non lograban materializar en canastra as superioridades, o que aproveitaban os do cb culleredo para abrir brecha no marcador merced a rápidos contraataques que os noieses non eran quen de frear. Costalles ao equipo liceista o campo a campo, ainda que pouco a pouco van mellorando nas transicións de ataque a defensa. Cabe destacar que por primera vez na tempada, os noieses conseguían gañar un parcial, foi no 4 período onde acadarían un 8 a 16 ao seu favor.

Como nota negativa, o noso xoven xogador Izan Busto, tivo que abandonar o encontro ao iniciar o sexto período por mor dun forte golpe na cabeza. Afortunadamente o xogador noies atopase en perfecto estado ainda que por recomendacións médicas esta seman tomaraa de repouso.
Por parte noiesa xogaron:
Izan Busto, Manuel Freita, Antia Creo, Mateo Creo, Lucas Ávila, Nazan Sendón, Yennedey París, Xabi Mariño e Angel Iglesias

Leave a Reply