Senior Masculino

CB Noia O Churrasco do Floro 92-76 CB Ribeira Congalsa

Tanteo por cuartos: 19-12/21-25/28-21/24-18

Volta da eliminatoria de cuartos de final da fase que decidirá o campión da 3ª División Masculina no grupo de Santiago que tivo lugar na tarde do domingo no Alonso Rodríguez enfrontando ao conxunto noiés co CB Ribeira Congalsa, quen traía unha renda de 12 puntos a favor que os locais deberían remontar para acceder ás semifinais. E así foi.
Os noieses saíron ao partido cas ideas claras, sabendo que as opcións de remontar pasaban por impoñer un alto ritmo de xogo con defensas a toda pista e buscando contrataques que non deixaran que os ribeirenses se organizasen en defensa. Desta forma chegaron ás primeiras diferenzas no marcador, con 7 puntos a favor dos nosos.
O segundo cuarto comezou baixo a mesma idea, pero os locais deixaron de controlar o xogo, deixando o partido nun intre de caos no que os visitantes se desenvolveron mellor a través de varias triplas e algúns rebotes ofensivos, que xunto cun bo acerto dende a liña de tiros libres, permitía que a diferenza se situara nos 3 puntos cando chegou o descanso, 40-37.
Na segunda metade mantívose o ritmo de xogo, os noieses defendendo a toda pista e os visitantes tentando frear o partido sen deixar diferenzas notables. Cada vez que parecía que os locais se marchaban e rozaban os 12 puntos a remontar, o conxunto de Ribeira lograba responder a través dos tiros libres e algunha tripla. Aínda así a diferencia ampliouse ata os 10 puntos, 68-58..
Entramos no último cuarto e todo aínda por decidir. Os noieses seguiron ca maquinaria ofensiva prendida e cun bo nivel en defensa, pero o nivel físico do partido derivou en múltiples faltas locais que deixan que os visitantes seguiran sobrevivindo a base de tiros libres. Cun minuto para rematar o encontro unha tripla anotada por Jorge poñía a máxima diferenza no luminoso para os nosos ,17 puntos, que foron quen de rematar a faena dende a liña de tiros libres, cerrando o partido nunha diferenza de 16 puntos que permitiu aos noieses gañar o partido e remontar a eliminatoria.
A vindeira semana comezarán as semifinais desta fase final despois dunha importante vitoria que deixa ao conxunto noiés cunha dinámica moi positiva e con gañas de afrontar próximos retos.
Xogaron e anotaron:
Mateo–> 20 puntos
Martín–> 14 puntos
Adrián–> 13 puntos
Sergio–> 12 puntos
Martín Ogando–> 10 puntos
Jorge–> 9 puntos
Noel–> 8 puntos
Xandre–> 6 puntos
Hugo
Kike
Pinto
Unai

Leave a Reply