Senior Masculino

CB Berberechos de Noia 64 – 80 CB Cambre

Parciais: 21-18 /17-18 / 17-19 / 9-24

Contundente derrota do CB Berberecho de noia o pasado sábado fronte ao CB Cambre por 16 puntos, 64 a 80. Arrancaba o encontro con baixas significativas en ambos equipos. Nos primeiros 20 minutos, a igualdade no xogo reflectíase no marcador, que ía alternando pequeñas rentas para ambos conxuntos. Chagabase ao descanso cun 36 a 35 para os noieses.
No terceiro cuarto, chegaron os mellores minutos do berberecho, gracias a elo, a falta de 4:09 para o remate de período o marcador indicaba un 52 a 41 para os amarelos. Non precisou o técnico visitante parar o partido a pesar do bo facer local, os noieses comezaban a cometer erros que se traducían en rápidas contras dos cambreses. Os amarelos encaixaban un parcial de 3 a 15 en apenas 4 minutos que deixaba o marcador en 56 a 57 a falta de 10 minutos por disputar.
No último período, os locais serían capaces de manter viva a chama da victoria ata  mediado o período cando o marcador sinalaba un 60 a 64 a falta de 4:50. No trama final, o conxunto noieses, sen folgos e sen ideas ante defensa visitante, cedía o encontro cun parcial de 4 a 16 nos últimos minutos, para deixar o marcador no 64 a 80 final.
CB Berberecho de noia: Mateo Queiruga (-), Noel Pouso (3), Tomas Álvarez (15), Anxo Vázquez (-), Mario Rodriguez (11), Iván couce (4), Angel Gómez (12), Miguel Gil (19), Santi Lope (-) e Martin Insua (-).
Cb Cambre: Pablo Rabadán (22), Luis montenegrino (2), Juan del campo (12), Hugo Álvarez (2), cibrán Pérez (2), Angel Pascula (4), José Valcarcel (0), Lucas Álvarez  (28), Jorge García (-), Alberto rodriguez (1) e Sergio Yubero (7).

Leave a Reply