Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio bigslam se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121

Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio goodlayers-core se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121
Senior Masculino – Club Baloncesto Noia

Senior Masculino

CB Noia O Churrasco do Floro 74-58 Galoteo

Tanteo por cuartos: 19-19/18-18/18-8/19-13

Undécima xornada para o noso Senior Zonal Masculino na tarde do domingo disputada no Alonso Rodríguez fronte a Galoteo, nun partido decisivo de cara a clasificación final, xa que os santiagueses precisaban da vitoria para manterse con opcións de cara á clasificación da seguinte fase, mentres que os locais buscaban asegurar a segunda posición da táboa clasificatoria matematicamente para os cruces.
Os noieses chegaban cas baixas de Sergio Furelos, Adrián, Pinto, Jorge e Martín, pero contaban co aporte de varios xogadores Junior (Brais, Iker e Jaime) que axudaron en diferentes momentos do encontro. Na primeira metade os visitantes saíron con moito ímpetu e querendo levar a iniciativa do encontro, o cal conseguiron en moitos momentos durante os dous primeiros cuartos. Os locais foron quen de chegar igualados tanto ao remate do primeiro cuarto, como ao descanso, salvando en varias ocasións as opcións dos santiagueses de sacar unha vantaxe, 37-37.
Á volta do descanso os noieses aumentaron o ritmo, tanto en ataque como en defensa, que xunto co acerto no tiro exterior e múltiples contrataques conseguiron crear unha renda importante que non faría máis que ampliarse ata o final do encontro, deixando un marcador final de 74-58 que permitiu a novena vitoria do conxunto noiés esta tempada.
Desta forma os noieses aseguran a segunda posición para os cruces e a falta de 2 xornadas por disputarse, e salvo sorpresas, esta será a posición final do equipo nesta competición. Agora os nosos afrontan dúas semanas de descanso antes do último encontro, o cal permitirá recuperar efectivos de cara aos cruces.
Xogaron e anotaron:
Mateo–> 19 puntos
Martín Ogando–> 18 puntos
Sergio–> 16 puntos
Xandre–> 9 puntos
Brais–> 5 puntos
Kike–> 5 puntos
Unai–> 2 puntos
Hugo
Iker
Jaime

Leave a Reply