Costa Ártabra 69 – 70 CB Berberechos de Noia
Parciais: 12-12 / 26-26 / 12-24 / 19-8
Bo comezo do CB Berberecho de Noia nesta segunda fase da liga ao imporñerse, 69 a 70, o pasado fin de semana na pista do BBCA Costa Ártabra de Ferrol. O conxunto amarelo realizou un gran encontro, onde nun final axustado, unha tripla do escolta Mario Rodriguez case sobre a bocina propiciaba a victoria amarela.
A boa saída noiesa no inicio do encontro, propiciaba que os noieses tomasen a dianteira no marcador, 2 a 9. Tralos primeiros 10 minutos de xogo, o marcador sinalaba un empate a 12 puntos. Os amarelos acababan de realizar un gran primeiro cuarto, onde o desarcerto dende a líña de 3 puntos, evitou que se impuxesen neste parcial a pesar do bo xogo realizado.
Non comezaban ben os noieses o segundo período, as perdas de balón propiciaban rápidos contratques dos locais que cun parcial de 11 a 3, obrigaba ao técnico amarelo a pedir tempo morto. Un triple do base Jorge Pérez tras asistencia de Tomás Álvarez, pechaba os primeiros 20 minutos cun empate a 38.
No terceiro período, o Berberecho de Noia mostrou a súa mellor versión. Cun bo facer defensivo, e co aleiro Miguel Gil liderando a ofensiva amarela (10 puntos neste cuarto), os noieses levábanse este parcial pun un contundente 12 a 24. Nembargantes, non todo eran boas noticias a pesares do marcador para os barbantinos. A falta de 4 minutos para finalizar o terceiro cuarto, o base Jorge Pérez tiña deixar ao encontro debido a unha lesión nos isquiotibiais. Á lesión de Jorge (que se une as de Sergio Furelos e Chico Barreiro), os noieses debían sumar os problemas de faltas en varios dos seus xogadores.
Unha canastra de Noel Pouso daba a máxima renta do encontro para os noieses, 50 a 64, a falta de 8 minutos para o remate do encontro. Os locais trababan de imprimir unha marcha máis ao xogo, mentres que aos xogadores barbazanos comenzaban a faltarlle a forzas nun encontro que dende o minuto 1 demoandou unha gran concentración es esforzo físico. O empexu ferrolan tiña premio e conseguían culminar unha gran remontada cunha canastra do escolta Pablo Cal, 66 a 65. Parecía que ía quedar na ferrolterra a victoria cando unha canastra do pivote Brais Romero poñía aos locais cun 69 a 65 no marcador a falta dun minuto para o remate do encontro. Dous tiros libres anotados por parte do Noies Tomás Álvarez recurtaban a diferenza a 2 puntos, 69 a 65. Restaban 33 segundos por xogar, os ferrolans non acertaban no seu ataque deixando 21 segundos para un último ataque noies. Cunha penetración, Ángel Gómez rompía a canastra e pechaba a defensa ferrolá para asistir a Mario Rodriguez que convertía una tripla dende a esquina situando o marcador nun 69 a 70 a falta de 0,5 segundos por xogar. O adestrador local solicitaba tempo morto para preparar unha útlima xogada que puidese revertir o marcador. O lanzamento ferrolán non acertaba co aro e os noieses conseguían impoñerse nun traballado e igualado encontró inaugurando así a segundo fase cunha victoria.
Costa Ártabra 69: Fernandez I. (9), Gómez A. (5), Pita A. (0), Rivas A. (14), Romero B. (11), Rodriguez D. (13), Pereira J. (-), Cal P. (4), Picallo J. (2), Fernandez M. (1) e Cobelo M. (10).
CB Berberecho de Noia 70: Jorge Pérez (11), Noel Pouso (5), Tomás Álvarez (16), Anxo Vázquez (-), Mario Rodriguez (17), Ivan Couce (-), Angel Gómez (-), Miguel Gil (12) e Santiago Lope (9).