Senior Masculino

El Papatorio Tapas y Brasas 75-63 CB Noia O Churrasco do Floro

Tanteo por cuartos: 18-14/16-12/21-21/20-16

Décima xornada para o noso Senior Zonal Masculino na mañán do domingo que se disputou no polideportivo de Lorenzo de la Torre en Santiago fronte ao El Papatorio Tapas y Brasas, enfrontándose desta forma os dous líderes da categoría e concluíndo ca segunda derrota da tempada para os noieses.
Partido duro que os santiagueses comezaron liderando no marcador cun equipo visitante cometendo varias imprecisións en ataque e entrando en bonus moi rápido concedendo tiros libres dende ven cedo, tónica que se mantivo ao longo do encontro. Deste xeito as primeiras rendas se fixeron visibles e cuns santiagueses que se mantiñan na súa idea de xogo, os noieses intentaron que o partido non se lle escapase na primeira metade, chegando cunha diferenza de 8 puntos ao descanso, 34-26.
Na segunda metade comezou o conxunto noiés cas ideas moi claras, con boas accións defensivas e subindo o ritmo en ataque con bos tiros que reducían as diferenzas, pero o veterán equipo santiagués non se achicou e foi quen de manter o pulo dos noieses nun terceiro cuarto que mantivo as rendas que se traían dos vestiarios, pero con distintas sensacións de xogo, 55-47. No último cuarto mantívose o nivel do anterior e os noieses conseguiron achegarse a incluso 2 puntos, pero cando xa se divisaba a luz ao final do túnel, os locais conseguiron refacerse e manter as diferencias e incluso incrementándoas nun último minuto de xogo que decidiu o partido ao seu favor.
Desta forma o conxunto capitalino afiánzase como líder da categoría e os nosos caen á segunda posición da clasificación a falta de 3 xornadas por xogarse.
Xogaron e anotaron:
Martín–> 12 puntos
Mateo–> 11 puntos
Martín Ogando–> 10 puntos
Sergio Furelos–> 10 puntos
Xandre–> 10 puntos
Jorge–> 8 puntos
Unai–> 2 puntos
Adrián
Kike
Sergio

Leave a Reply