Rafonca puertas y automatismos- O Meco 43 – 62 CB Berberecho de Noia
Parciais: 11-18 /4-14 / 20-13 / 8-17
Remata o ano con victoria o CB Berberecho de Noia da primeira división masculina de baloncesto ao imporse por 19 puntos, 43 a 62, na pista do Meco o pasado sábado. A previa do encontro non traía boas novas para o adestrador noies, posto que as baixas de Noel Pouso, Santi Lopez e Chico Barreiro, debría sumar a do Anxo Vazquez que debido a un proceso febril non podería participar no encontro. Coa baixa de Anxo, a pesares de non estar ao 100×100, o alapivote Ángel Gómez non dubidaba en botar unha man aos seus compañeiros.
A pesares de que nun inicio, os arousans tomaban a dianteira no electrónico, non tardaban os amarelos en darlle a volta ao marcador grazas, entre outras cousas, a unha gran solidez defensiva que propiciaba que os locais non anotasen nos 3 últimos minutos do primeiro período, deixando o marcador nun 11 a 18.
Un parcial de 1 a 7 favorable aos noieses no arranque no segundo acto, situaba o marcador cun 12 a 25 que obrigaba a pedir tempo morto ao adestrador local. Na reanudación do partido, nova lesión para os noieses, o alerio Miguel Gil, sufría unha subluxación do hombreiro esquerdo deixando aos noieses con 7 xogadores dispoñibles para o restante do encontro. A pesares da lesión de Miguel, os de Ángel Castro mantiñan a súa superioridade na pista tanto a nivel defensivo coma ofensivo, o que propiciaba que chegasen ao descanso cun favorable 15 a 32.
A pesar de conseguir una renda de 18, puntos ao descanso, non tiveron unha segunda parte prácida os barbantinos. Os do grove, endurecía a segunda metade, en moitos casos con excesiva agresividade, o que facía mella no desgaste físico dos noieses. Tras un duro terceiro cuarto, onde os locais consegían recurtar as diferenzas ata os 4 puntos, 35 a 39 a falta de 1:30 para o remate do período. Os noieses recompoñíanse no tramo final e conseguían manter a súa ventaxe en 10 puntos, 35 a 45.
Os Berberecheiros, impoñíanse no último período cun parcial de 8 a 17, chegando ao tramo final do encontro cunha amplia ventaxe que lle permitía ter un final de encontro tranquilo.
Cb Berberecho de Noia: Jorge Perez (5), Tomás Alvarez (22), Mario Rodriguez (4), Ivan Couce (8), Angel Gomez (7), Miguel Gil (4), Sergio Furelos (12) e Adrián Calvo (-).
Rafonca Meco: Manu Bello (6), Manu Garrido (-), Martin Prol (-), Martín Dominguez (9), Patricio Serqueira (7), Daniel Prol (8), Anxo Abal (8), Diego Mitkova (-) e Nicolas (5).
Tras un final de ano moi complicado debido ás nomerosos contratempos en forma de baixas e lesións de xogadores, os noieses reamtan o 2023 cun balance de 6 victorias e 5 derrotas, que os sitúan no terceiro posto clasificatorio empatados co CB Allariz. Réstanlle 3 encontros ao CB Berberecho de Noia para rematar a primeira fase da liga. O 13 de xaneiro retomará a competición na súa pista fronte o Campus Universitario Ourense, despois visitara o día 20 ao Baloncesto Porriño e rematará recibindo no Alonso o sábado 27 ao Nexo Novobasket.