Senior Masculino

CB Berberecho de Noia 66 – 59 Seis do Nadal

Parciais: 21-14 / 11-18 / 19-17 / 15-10

Victoria por 7 puntos, 66 a 59, no encontro correspondente a 10 xornada de liga que medía ao cb berberecho de noia fronte ao 6 do Nadal vigués. Novamente, a previa do encontro non traía boas novas no equipo noies, o alapivote Angel Gómez mancábase no adestramento do venres e causaba baixa o encontro. As baixas de Angel, Chico barreiro, Noel pouso e santi lope, sumabase o estado no que se podían ataopar os pivotes Iván couce, que viña de atravesar un proceso febril, e anxo Vázquez, que a pesar de non estar recuperado da súa lesión, debido ao cúmulo de baixas, entraba na convocatoria para axudar aos seus compañeiros.

Non empezaba ben o encontro para os intereses amarelos, posto que o equipo vigués iniciaba o encontro cun 0 a 8 ao seu favor ante un Noia dubitativo en ataque. O escolta noies, Tomas Álvarez, lideraba a reacción local con 11 puntos no primeiro cuarto, para deixar o 21 a 14 no marcador

Reanudábase o encontro con intercambio de canastras en ambos equipos, pero mediado o segundo período, os locais non eran quen de atopar un ritmo de xogo idoneo, e os olívicos conseguirían voltar o marcador momentáneamente tras unha canastra do exterior Alberto Román, 28 a 29. Finalmente, chegaríase ao paso por vestiarios cun empate a 32.

Tralo paso polos vestiarios, os amarelos, trataban de meter unha marcha máis ao partido e retomarán a dianteira no marcador, pero a cada intento noies por tentando abrir unha brecha maior os 7 puntos, contestaban os olívicos.

Así pois, chegábase aos derradeiros 10 minutos de xogos cun axustado 51 a 49. Unha tripla do base local, Jorge Pérez, sentaba coma un balón de oxíxeno nas gradas do Alonso, ao situar aos locais cunha ventaxa de 8 puntos, 62 a 54, a falta de 3 minutos. Nesta ocasión, e a pesar dos intentos olívicos, os noieses foron quen de pechar o encontro e sumar así a 5 victoria da tempada.

Dentro do bo traballo que en liñas xerias fijo o equipo, descartar no apartado anotador a aportación do escolta tomas alvarez con 20 puntos, e de Miguel Gil no apartado reboteador con 18 capturas.

Polo CB Berberecho de Noia xogaron e anotaron: Jorge Pérez (12), Tomas Álvarez (20), Iván Couce (4), Miguel Gil (8), Mario Rodriguez (12), Sergio Furelos (8), Adrian calvo (-) e Anxo Vázquez (2).

Leave a Reply