Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio bigslam se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121

Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio goodlayers-core se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121
Senior Masculino – Club Baloncesto Noia

Senior Masculino

CB Berberecho de Noia 71 – 64 CB Meco de O Grove

Parciais: 20-12 / 17-9 / 17-18 / 17-25

Victoria por 7 puntos do CB Berberecho de Noia o pasado sábado no encontró disputado no Alonso Rodriguez ante o CB Meco de o Grove. Os locais pronto tomaban a dianteira no marcador grazas bo facer do escolta Noel Pouso, que con 8 puntos nos primeiros intres de partido, propiciaba que os noieses abrisen a primeira brecha no marcador. As malas novas viñan ca lesión do noies Angel Gómez que aos 5 minutos tería que abandoar o encontró ao mancarse na súa man dereita, causando baixa no que restaría de encontró xunto con tamén lesionados Alfonso Mallo e Manuel Basante.

Tras finalizar o primeiro cuarto cun marcador de 20 a 12, os do berberecho de noia cunha boa defensa e grazas boas trasicións ofensivas pecharían o cuarto cunha ventaxa de 16 puntos, 37 a 21. Novamente Noel Pouso,e o base Manu Prates lideraban o bo facer no ataque amarelo.

Tralo paso polos vestiarios os noieses, non conseguían recuperar o ritmo da primeira metade, e o arousán Daniel Prol erexíase coma principal estilete ofensivo dos visitantes que se imponían no terceiro parcial por un punto de diferenza.

O intercambio de canastras foi a tónica xeral predominante no último período, ata que no ecuador do cuarto, unha canastra de local Luka Vukcevic situaba aos noieses con 19 puntos da vantaxe. Semellaba que os noieses colleitarían unha prácida victoria na casa, pero sen embargo os de Ángel Castro desconectaríanse do encontró e 3 fatídicos minutos, pragados de numerosos erros, entre eles 9 perdas de balón, propiciaba que os visitantes reduxesen a diferenza a so 7 puntos, 71 a 64.

CB Berberecho de Noia: Manuel Prates (16), Noel Pouso (17), Luka Vukcevic (5), Angel Gómez (-), Roi Gonzalez (3), Anxo Vazquez (2), Ivan Couce (10), Santi Lope (14), e Andres Gómez (5).

Rafonca Automatismos-O meco: Manuel Garrido (7), Segio Lopez (6), Martin Prol (6), Martin Dominguez (10), Daniel Prol (26), Anxo Abal (6) e Diego Serantes (3).

Leave a Reply